← Todos os servizos

Automatización

Menos tarefas repetitivas.

Quitamos traballo manual do día a día: presupostos, partes, quendas, peches, avisos ou seguimentos. Automatizamos procesos, conectamos as ferramentas que xa usas e aplicamos IA a documentos e datos.

Automatización no día a día

Cousas pequenas que
levan demasiado tempo.

Moitos negocios non necesitan un proxecto enorme, senón resolver ben esa tarefa que lles complica cada día ou cada semana. Estes son algúns exemplos.

Hai moitos máis

O patrón repítese en case todos os oficios.

Partes de traballo Seguimento de cobros Citas e recordatorios Fotos e documentación Leads e formularios Catálogos e redes
“Isto fágoo todos os días.” Entón temos que buscar un atallo. Cóntanolo →

Exemplos reais

Mellor velo
que imaxinalo.

Estamos levando algúns destes problemas a aplicacións que poderás probar. Non son produtos pechados: son exemplos do tipo de atallo que podemos adaptar ao teu negocio.

Hostalería Demo en camiño

Xestión de quendas

O cadrante da semana nun só sitio, sen papel, Excel nin fotos por WhatsApp. O equipo mira no móbil cando lle toca.

“Quen entra o sábado á noite?”

  1. Equipo
  2. Semana
  3. Avisos
  4. Cadrante publicado
Comercio Demo en camiño

Control de pedidos

Cando chega un pedido á tenda, revísase en minutos: o que viña, o que chegou e o que falta. Todo queda rexistrado por día, sen horas de papeis.

“Pedido do venres: chegaron 38 de 40 caixas. Faltan dúas de albariño.”

  1. Chega o pedido
  2. Revisar
  3. Incidencias
  4. Rexistro do día

O teu caso pode ser outro. Estes son só tres exemplos: cada negocio ten o seu atallo.

Cóntanos o teu problema

O teu atallo empeza aquí

Que necesita o teu negocio?

Unha web nova, alguén que leve as redes, fotos e vídeos que dean gusto ver ou quitar de enriba esa tarefa que che rouba horas. Cóntanos o que tes hoxe e buscamos a forma máis simple de mellorar.

15–20 min Sen compromiso Resposta humana
Facer máis,
sen facer de máis.