Costa rochosa cunha estrada que representa un camiño máis directo

Web, redes, foto, vídeo e automatización para pequenos negocios de Galicia

Facer máis,
sen facer de máis.

Facemos a túa web, levamos as túas redes, creamos as fotos e os vídeos do teu negocio e automatizamos as tarefas que che rouban tempo. Todo cun só punto de contacto e sen proxectos eternos.

Á medida do teu negocio Resultados rápidos

Un problema. Un atallo. Atallos é un proxecto de servizos dixitais para pequenos negocios de Galicia: non sempre hai que cambiar todo para mellorar.

WebRedes sociaisFoto e vídeoAutomatización

Que facemos

Catro servizos.
Un só punto de contacto.

Webs, redes sociais, foto e vídeo e automatización para autónomos e negocios locais. Podes contratar só o que necesites ou combinalo: nós coordinamos as pezas para que todo encaixe.

Páxinas web

Que se entenda o que fas.

Webs claras, rápidas e fáciles de actualizar, pensadas para que quen te busca te atope e te contacte.

Ver máis sobre páxinas web
Redes sociais

Estar presente sen vivir pendente.

Levamos as túas redes cun plan: que contar, cando publicalo e como saber se funciona.

Ver máis sobre redes sociais
Automatización

Menos tarefas repetitivas.

Quitamos traballo manual do día a día: presupostos, partes, quendas, peches, avisos ou seguimentos.

Ver máis sobre automatización

Un mesmo proxecto, varios atallos

Unha web pode ser só o principio.

Se ao facer unha web vemos que faltan boas fotos, facémolas. Se as redes quedan sempre para mañá, preparamos o contido e publicámolo. Se as reservas entran por WhatsApp e se copian a man, automatizámolas.

Fotografía

Fotos que dan fame.

Fotografía de produto para cartas, tendas e redes. Así quedou a carta completa de Alquimia Street Food.

Traballamos con Sony Alpha A7 IV (24-70 mm f/2.8 e 90 mm f/2.8), varios focos LED con difusores, fondos e trípodes, dron DJI Air 2S, Insta360 X6, DJI Mic 3 e licenzas de Adobe para foto e vídeo: todo o necesario para o material das túas redes.

Ver o traballo
Arca de la Alianza, fotografía de produto para Alquimia Street FoodNarciso, fotografía de produto para Alquimia Street FoodKeops, fotografía de produto para Alquimia Street FoodTiramisú de Pistacho, fotografía de produto para Alquimia Street Food

Como traballamos

Do problema ao atallo.

Non empezamos por unha tecnoloxía nin por venderche un paquete. Primeiro entendemos que queres conseguir e que pasos sobran polo camiño.

  1. 01Escoitamos

    Entendemos o negocio, o obxectivo e onde se perde tempo ou claridade.

  2. 02Debuxamos a ruta

    Escollemos a solución máis simple: unha web, contido para redes, foto e vídeo, unha automatización ou unha combinación.

  3. 03Facémolo

    Deseñamos, desenvolvemos, fotografamos, gravamos e conectamos o necesario.

  4. 04Melloramos

    Medimos o resultado e mantemos o que de verdade aporta valor.

Automatización no día a día

Cousas pequenas que
levan demasiado tempo.

Moitos negocios non necesitan un proxecto enorme, senón resolver ben esa tarefa que lles complica cada día. Estes son catro exemplos; hai moitos máis.

  • Hostalería Facer os turnos e pechar caixa é un quebracabezas.
  • Construción e reformas Os presupostos fágoos pola noite cando chego á casa.
  • Aloxamento / turismo Paso o día respondendo as mesmas preguntas.
  • Comercio Revisar os pedidos que chegan lévame horas cada día.

O teu atallo empeza aquí

Que necesita o teu negocio?

Unha web nova, alguén que leve as redes, fotos e vídeos que dean gusto ver ou quitar de enriba esa tarefa que che rouba horas. Cóntanos o que tes hoxe e buscamos a forma máis simple de mellorar.

15–20 min Sen compromiso Resposta humana
Facer máis,
sen facer de máis.