Convocatoria 2026 pechada · 2027 por publicar
A Xunta pode pagar ata o 80 % da web e das redes do teu comercio.
A axuda CO300C apoia a dixitalización do pequeno comercio e do artesanado de Galicia. Unha asesoría colaboradora revisa o teu caso e, se procede, xestiona a solicitude. Nós facemos o traballo e emitimos a factura.
Que cobre e canto.
Cifras da convocatoria 2026, sen IVE. A de 2027 pode cambialas. O investimento mínimo é de 1.000 €.
| Gasto | Tope subvencionable | Axuda máxima (80 %) |
|---|---|---|
| Creación ou mellora da páxina web | 1.200 € | 960 € |
| Xestión de redes sociais e imaxe dixital | 2.000 € | 1.600 € |
Ti cóntasnos o caso. O resto repartímolo.
- 01Cóntasnos o teu comercio
Que tes, que necesitas e en que concello estás. Sen compromiso.
- 02A asesoría revisa o teu caso
Comproba se cumpres os requisitos e, se procede, xestiona a solicitude.
- 03Nós facemos o traballo
Web ou redes, segundo o que cubra a axuda, con factura e pago por transferencia, como esixen as bases.
Quen pode pedila.
- Comercio ou obradoiro artesán con actividade en Galicia e domicilio social na comunidade.
- Pequena empresa ou microempresa, con ata 10 persoas empregadas no establecemento (autónomas incluídas).
- Superficie de exposición e venda de ata 300 m², salvo o epígrafe IAE 653.1.
- Actividade principal nun dos epígrafes do IAE que recollen as bases.
- Obradoiros: inscrición no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- Se foches beneficiario na convocatoria anterior para o mesmo establecemento, non podes repetir (hai excepcións para dixitalización).
Ten en conta.
- Concédese por orde de entrada ata esgotar o crédito: cumprir os requisitos non garante a axuda.
- A axuda cóbrase despois: primeiro se paga e se xustifica o gasto. O pago ten que ser por transferencia; non se admite efectivo.
- O anticipo do 50 % só se concede se o pides e se a axuda supera os 3.000 €.
- A web ten que ser túa (dominio a nome do negocio, un ano de aloxamento e SSL). As redes, polo menos dúas publicacións por semana.
- Os prazos, topes e requisitos poden cambiar na convocatoria de 2027.
Preguntas frecuentes.
Está aberta agora a axuda CO300C?
Non. A convocatoria de 2026 pechou o 16 de febreiro de 2026 e a de 2027 aínda non está publicada. Cando saia, actualizaremos esta páxina.
Canto diñeiro se pode recibir pola web e as redes?
A axuda é do 80 % do gasto sen IVE, con topes por partida. Na convocatoria 2026, ata 960 € pola web e ata 1.600 € pola xestión de redes. O investimento total mínimo é de 1.000 €.
Podo encargar o traballo xa, antes de que saia a convocatoria?
Non o podemos asegurar: o período de gastos subvencionables fíxao cada convocatoria. Antes de contratar nada pensando na axuda, consúltao connosco e coa asesoría.
Tramitades vós a solicitude?
A solicitude revísaa e, se procede, xestionaa unha asesoría colaboradora. Nós facemos o traballo dixital e emitimos a factura.
Cobre fotografía e vídeo?
Non aparecen entre os gastos subvencionables da convocatoria 2026. Se os necesitas, van á parte da axuda.
E se non cumpro os requisitos?
Podemos facer o traballo igualmente, sen axuda. Cóntanos o caso e buscamos a opción que che encaixe.
Datos da convocatoria 2026, revisados o 4 de novembro de 2026. Fontes oficiais: Orde do 29 de decembro de 2025 (DOG nº 4, 8/1/2026) · Procedemento CO300C na sede electrónica da Xunta. Título oficial: «subvenciones para el impulso de la innovación y sostenibilidad del comercio local y artesanal».
O teu atallo empeza aquí
Que necesita o teu negocio?
Unha web nova, alguén que leve as redes, fotos e vídeos que dean gusto ver ou quitar de enriba esa tarefa que che rouba horas. Cóntanos o que tes hoxe e buscamos a forma máis simple de mellorar.
sen facer de máis.