Fotografía de produto
Pratos que entran polos ollos.
Traballo para a carta do restaurante Alquimia Street Food, retratada prato a prato: burgers, baos, pokes, parrilla, desayunos e postres. Feito cunha Sony Alpha A7 IV con obxectivos Sony 24-70 mm f/2.8 e 90 mm f/2.8.
- Fotografías
- 82
- Pratos
- 33
- Cartas
- 3
Alquimia Street Food
A carta, prato a prato
Toca unha foto para vela en grande. Podes moverte con as frechas do teclado.
O punto de partida
Que se necesitaba.
A carta de Alquimia Street Food ten moitos pratos con nomes e personalidade propios. Cada un necesitaba unha imaxe que o identificase de lonxe e que mantivese un mesmo estilo en toda a carta, dende a burger máis contundente ata o desayuno máis lixeiro.
Que se fixo e por que
- 01
Cada prato, en plano xeral e en plano detalle
O plano xeral ensina o prato tal e como chega á mesa; o detalle (o queixo derretido, o crocante, a textura) é o que dá vontade de pedilo. Así cada prato serve tanto para a carta como para redes.
- 02
Fondos claros para a maioría e escuros para a parrilla
Un fondo limpo e neutro deixa que o protagonista sexa a cor do prato. Na parrilla, un fondo escuro realza as carnes e dá un aire máis contundente, coherente co que se come.
- 03
Louza de oleiro e cores de produto como parte da imaxe
As pezas artesanais e os bowls de cor (verde, lima, rosa) dan unha mesma man a toda a carta e evitan o aspecto de catálogo xenérico.
- 04
Material organizado por familias e entregado listo para usar
Burgers, baos, pokes, parrilla, para picar, desayunos e postres: coa carta ordenada así é doado montar un menú, un cartel ou unha publicación sen buscar entre centos de arquivos.
Equipo
Co que traballamos.
Cámara, obxectivos, focos LED con difusores, fondos, trípodes, dron, cámara 360°, son e licenzas de Adobe para editar foto e vídeo: todo o necesario para facer material para redes sociais.
- Cámara Sony Alpha A7 IV Usado nesta carta
- Obxectivo Sony 24-70 mm f/2.8 Usado nesta carta
- Obxectivo Sony 90 mm f/2.8 Usado nesta carta
- Dron DJI Air 2S
- Cámara 360° Insta360 X6
- Son DJI Mic 3
- Iluminación Focos LED con distintos difusores
- Estudio Fondos para fotografía
- Estabilidade Trípodes e soportes
- Licenzas para editar foto e vídeo Adobe
Fotografía de produto


















