← Todos os proxectos

Viño albariño · Vedra

Lixeles

Unha landing que conta o viño dende a viña: onde nace, como se elabora e como é.

  • Landing web
Visitar lixeles.com
Portada da web de Lixeles en escritorio

O punto de partida

Que se necesitaba.

Lixeles é un albariño da Ribeira do Ulla, da familia González Carreira, nacido en 2020. Un viño pequeno gaña polo que conta: a orixe, a familia e o xeito de facelo. A web debía transmitir iso e facilitar que probasen o viño ou o pedisen.

Que se fixo e por que

  1. 01

    Cabeceira co viñedo e unha onda azul do río Ulla, co nome en grande

    O viño sabe a lugar. Abrir coa viña e o río sitúa a quen visita antes de ler unha soa palabra.

  2. 02

    Orixe e elaboración en catro pasos: viñedo, emparrado, maceración e crianza sobre lías

    Quen compra viño de pequena produción busca a historia. Contala paso a paso, con datos curtos (2020, 2 ha, 160 m, 100 % albariño), é máis crible que un texto longo.

  3. 03

    Ficha do viño: variedade, graduación, cor, boca, crianza, temperatura e maridaxe

    É a información que busca un hostaleiro ou un cliente para decidir. Ter a ficha na web evita enviar un PDF cada vez.

  4. 04

    Premios, galería da viña e contacto directo para probar, pedir ou levalo ao restaurante

    O obxectivo é vender e que o coñezan. Un contacto sinxelo, con teléfono e correo, funciona mellor que unha tenda en liña para unha produción tan pequena.

  5. 05

    Datos estruturados de adega e produto, e aviso de consumo responsable

    Axudan a que os buscadores entendan a web, e o aviso cumpre a obriga legal de non vender a menores.

Unha sección da web de Lixeles en escritorio
Portada da web de Lixeles no móbil

Nunha ollada

  • Contacto por teléfono e correo
  • Datos estruturados (Winery e Product)
  • Analítica só con consentimento