← Todos os proxectos

Compañía de danza · Galicia

Et Suseia Danza

Unha web sobria e escénica para unha compañía que une danza tradicional e contemporánea.

  • Landing web
Visitar etsuseiadanza.com
Portada da web de Et Suseia Danza en escritorio

O punto de partida

Que se necesitaba.

Et Suseia Danza precisaba unha carta de presentación para programadores, concellos e centros educativos: quen son, que espectáculos ofrecen, onde actúan e como levalos a outro espazo. Debía parecerse á súa danza: coidada, tranquila e con personalidade.

Que se fixo e por que

  1. 01

    Cabeceira a pantalla completa con imaxe en movemento e un control para pausala

    A danza véndese con movemento. O control de pausa respecta a quen prefire unha web máis calmada e mellora a accesibilidade.

  2. 02

    Texto da compañía con tipografía elegante e unha cita de Castelao

    O nome e a idea da compañía están en mesturar tradición e modernidade. A cita e a tipografía cunha man clásica contan esa identidade sen necesidade de explicala.

  3. 03

    Espectáculos en fichas separadas: sala, espazo público e colexios

    Cada formato se contrata para un contexto distinto e con necesidades distintas. Unha ficha por formato permite que cada persoa vaia directa ao que lle interesa.

  4. 04

    Axenda de funcións próximas e pasadas, con chamada a levar o espectáculo ao teu espazo

    Para un programador, ver onde e canto actuou a compañía é xa unha referencia. E quen os ve na axenda ten á man o paso seguinte: contratar.

  5. 05

    Vídeos e galería de imaxes antes do contacto

    Ninguén contrata danza sen velo. Poñer o vídeo promocional e os teasers ao alcance reduce a dúbida e adianta a conversa.

Unha sección da web de Et Suseia Danza en escritorio
Portada da web de Et Suseia Danza no móbil

Nunha ollada

  • Web en galego
  • Axenda de funcións
  • Datos estruturados para buscadores (PerformingGroup e DanceEvent)
  • Estatísticas só con consentimento