Construción e reformas · Vedra
Construcciones Vila Durán
Unha web corporativa para que quen busque «albanel» en Santiago e arredores chegue a pedir presuposto.
Visitar construccionesviladuran.com
O punto de partida
Que se necesitaba.
Construcciones Antonio Vila Durán traballa en Vedra e nos concellos da contorna. Precisaba aparecer cando alguén busca un albanel na zona, explicar o que fai e quitar o medo a pedir un presuposto.
Que se fixo e por que
- 01
Identidade de plano técnico en azul e amarelo co lema «Hormigón, piedra y oficio»
Fala o idioma da obra: precisión, medida e oficio. Faise recoñecible e serio sen parecer unha empresa grande e fría.
- 02
«Pide presuposto» e teléfono en primeira pantalla, e botóns de chamar e WhatsApp fixos no móbil
Quen busca un albanel adoita estar no móbil e ter present o problema. Facer o contacto inmediato é o que máis presupostos trae.
- 03
Seis servizos con fichas propias: encofrados, muros, cimentacións, obra nova, reformas e albanelería
Cada servizo é unha busca distinta. Unha ficha para cada un explica mellor o traballo e axuda a que Google o atope.
- 04
Zonas de traballo: 160 concellos nun radio de 70 km, con páxina por zona
A xente busca «albanel en Teo» ou «albanel en Padrón». Unha páxina por zona é o xeito máis directo de aparecer nesas buscas locais.
- 05
Proceso en catro pasos e preguntas frecuentes
Pedir un presuposto dá medo se non se sabe o que vén despois. Explicar visita, presuposto, execución e entrega, e responder as dúbidas típicas, reduce esa fricción.
- 06
Datos estruturados de contratista con zona de servizo, e web en castelán e galego
Axudan aos buscadores a situar o negocio e a súa zona de traballo, e a web chega a clientes que prefiren un ou outro idioma.
Nunha ollada
- Castelán e galego
- Páxinas por servizo e por zona
- Datos estruturados (GeneralContractor)
- Chamada e WhatsApp fixos no móbil