← Volver a Atallos

Sobre Atallos

Quen está detrás

Atallos é un proxecto de actividade profesional de Samuel Vila Riádigos. Unha soa persoa coordina a páxina web, as redes sociais, a foto e o vídeo e a automatización de tarefas, para que quen contrata teña un único punto de contacto e non ande perseguindo a catro provedores.

Como se traballa

En galego e de preto, con negocios de Galicia (a zona de traballo é Santiago de Compostela e a súa comarca). A foto e o vídeo fanse con equipo propio, sen subcontratar. O criterio é sinxelo: primeiro entender o que o negocio necesita e despois proporlle o camiño máis directo, non un paquete pechado.

En que punto está Atallos

Atallos está en fase de posta en marcha. O alta como autónomo farase co primeiro cliente, xusto antes da primeira factura, e mentres tanto esta web serve tamén como estudo de mercado para saber que necesitan os negocios galegos. Por iso aquí non hai cifras de resultados nin testemuños: só colaboracións feitas, que se poden ver en Proxectos.

Equipo propio

Contacto

O máis directo é o formulario ou o correo ola@atallos.com. Os datos do titular están no aviso legal.